Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Enclave estratéxico

Rede Viaria

A rede de estradas da provincia permite conectar calquera punto xeográfico cunha vía de alta capacidade en menos de media hora, circunstancia que facilita a mobilidade dentro da provincia e a accesibilidade ao que é a franxa atlántica e ao resto da península. Os máis de 100 Km. de autovía que atravesan a provincia vertebran as comunicacións por vía terrestre, facilitando tanto a mobilidade das persoas coma o traslado de mercadorías.

Os aeroportos

Acceso, a menos de hora e media de traxecto, a varias infraestruturas aeroportuarias na Comunidade Autónoma, e a pouco máis de 2 horas do aeroporto internacional de Porto. As terminais galegas presentan un mapa de rutas con destinos tanto nacionais coma internacionais. O aeroporto do norte de Portugal presenta unha ampla variedade de voos internacionais, completando a oferta relativa a comunicación aérea para a nosa área de influencia.

O Porto seco do sur de Galicia

A disposición de múltiples radas ao longo do litoral atlántico, cunha ampla caracterización dos portos en relación á variedade de carga que xestionan. Esta magnífica vía de saída ao mar da que dispón a provincia outórgalle a Ourense unha clara posición estratéxica de cara a ser o Porto seco do sur de Galicia.

O AVE

A chegada da Alta Velocidade á nosa provincia proporcionará moi boas expectativas de desenvolvemento e a súa implantación permitirá que os diferentes axentes económicos poidan aproveitar as vantaxes que carrexa este medio de transporte. A posta en marcha desta infraestrutura completará o mapa de comunicacións na nosa provincia.