Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Porta de entrada ao crecemento

Polo seu emprendemento

A provincia de Ourense ten unha densidade empresarial dunha empresa por cada 14 habitantes, a mesma proporción que se observa tanto na Comunidade Autónoma coma en España. Á súa vez, Ourense presenta unha capacidade emprendedora importante, abonda con comprobar que hai unha persoa física autónoma por cada 24 habitantes, unha relación inferior á que teñen as provincias limítrofes do noso ámbito. Ourense posúe unha importante rede de puntos de venda ao detalle e unha infraestrutura turística orientada, en parte, á difusión do Camiño de Santiago. Ademais do sector venda ao detalle, a provincia presenta certo dinamismo en sectores industriais como poden ser a elaboración de manufacturas relacionadas co téxtil, a automoción e os produtos metálicos e minerais. Outro sector no que a provincia destaca pola súa puxanza é o que se refire á Industria da Alimentación, con empresas cunha presenza relevante a nivel nacional e internacional.  

Pola súa ampla rede de comunicacións

O impulso realizado por parte das administracións e as propias operadoras en relación a infraestruturas en telecomunicación permitiu unha progresiva implantación da banda ancha na nosa provincia, 4G....

Polas súas inmellorables condicións para o desenvolvemento empresarial

Nun afán de promover a actividade económica na provincia, as diferentes institucións competentes estiveron a potenciar os aspectos máis relevantes para que se producise o asentamento de iniciativas empresariais. Destaca a ampla oferta de chan industrial con preto de 300.000 m2 dispoñibles en toda a provincia, concretamente en 11 parques empresariais. Acceso a chan industrial a uns prezos moi competitivos e nunhas condicións financeiras moi vantaxosas, factores que se ven fortalecidos polas estupendas conexións viarias que facilitan o labor loxístico cos principais puntos de consumo e distribución do noso territorio. Á súa vez, conta co Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), un espazo de referencia en Galicia destinado a acoller, apoiar e desenvolver iniciativas empresariais cun elevado perfil innovador. Entre as moitas empresas que conforman este Parque destacan as que ofrecen servizos de asesoramento para a implantación de tecnoloxías relacionadas con sistemas de xestión, empresas vinculadas á mellora da eficiencia enerxética e a multitude de Centros Tecnolóxicos que potencian a eficiencia e a actividade produtiva das empresas asociadas a estes.