Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Enorme potencial

A provincia destaca por ter unha clara representación en todos os sectores económicos: agro-alimentario, industrial-manufactureiro, comercio ao detalle, actividades turísticas, etc... e todo grazas ao carácter emprendedor das persoas que poboan esta terra.

Sector Agroalimentario

Este sector erixiuse como un importante polo de atracción e especialización na economía da nosa provincia, sendo a principal rama de actividade do sector industrial en Ourense. Unha porcentaxe relevante da súa produción destínase ao comercio exterior, obtendo un superávit comercial que veu representando boa parte do que obtén a provincia.

Sector Manufactureiro

Neste ámbito destacamos as ramas de actividade referidas á industria Téxtil e a Material de Transporte con mais do 10% das afiliacións en ambos os casos no que se refere ao ámbito industrial da provincia. No sector téxtil, concretamente o que se refire á confección de pezas de vestir, contamos con firmas de enorme transcendencia nivel internacional, mentres que a rama correspondente a Material de Transporte está conformada por empresas que se dedican á elaboración de pezas e compoñentes destinados á subministración das máis importantes marcas da automoción. Ambos os dous sectores presentan resultados moi positivos no que se refire ao seu nivel de actividade e vendas ao exterior.

Sector das industrias extractivas e de produtos minerais non metálicos

Entre ambas as dúas contabilizan máis dunha quinta parte dos afiliados do ámbito industrial. A explotación do recurso natural da lousa na nosa provincia contribuíu á dinamización económica da parte oriental desta e a unha clara internacionalización por parte das principais empresas do sector.

Sector turístico

Aproveitando a promoción desenvolvida en torno ao Camiño de Santiago e a que a Ruta da Prata atravesa a provincia dun extremo a outro, isto motivou que na provincia se desenvolvesen multitude de iniciativas relativas ao turismo de interior rehabilitando aldeas enteiras coa finalidade de conformar verdadeiros lugares de esparexemento. Recentemente promoveuse o Camiño de Inverno como ruta alternativa pertencente ao Camiño de Santiago, realizando o seu traxecto pola parte norte da provincia.

Outra posible vía de negocio a nivel turístico na nosa provincia teriámolo no turismo de saúde, aproveitando o enorme caudal de augas termais do que dispoñemos. O gran potencial que presenta a oferta turística que xira en torno á natureza e ao descanso se verá beneficiada por esa maior proximidade que se producirá coas poboacións máis aniñadas, unha vez estea en funcionamento o tren de Alta Velocidade, podendo comunicar a nosa provincia co centro do país en pouco mais de dúas horas.