Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Comprometido co emprendemento

Grazas á extensa rede de entidades que presta asesoramento e apoio a calquera iniciativa encamiñada a culminar un proceso de creación e desenvolvemento empresarial, o ritmo de actividade na provincia, en canto a emprendemento, non se detivo, todo o contrario, se intensificou.

Dende as nosas dependencias prestamos un servizo de consultaría que vai dende o asesoramento para a obtención de financiamento, como a busca de posibles axudas para fomentar a exportación, a formación, etc... Todo coa única finalidade de que o emprendedor se sinta acompañado e apoiado na súa afanosa tarefa de converter unha idea nunha fonte de xeración de riqueza para toda a sociedade.

Acceso a unha abundante disposición de Talento

Unha extensa oferta formativa. A universidade de Vigo, a través do seu campus de Ourense, lleva años aportando conocimiento y leva anos achegando coñecemento e capital humano altamente cualificado. En canto á oferta formativa o campus de Ourense conta con 5 facultades (Ciencias Empresariais e Turismo, Dereito, etc...) e 2 Escolas Superiores sumando, entre todas elas, unha oferta de 14 graos e 17 másters universitarios. Unha oferta formativa que se completa na nosa Comunidade Autónoma co resto de campus da Universidade de Vigo (campus de Vigo e Pontevedra) e as Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña..

A Universidade de Vigo, dende o seu campus de Ourense, está a levar a cabo distintos proxectos de colaboración entre os que destacan o que desenvolveu con Tecnópole, orientado á promoción da cultura emprendedora, e o Campus da Auga, unha iniciativa que persegue un maior desenvolvemento dun sector que presenta unha enorme potencialidade na nosa provincia, o Termalismo.

A oferta educativa complétase na nosa área de influencia cunha educación secundaria, pública e privada, de recoñecido prestixio e ambas as dúas caracterizadas, na súa maioría, pola súa condición bilingüe. No ámbito da formación continua dirixida a profesionais e directivos destacamos a presenza da escola de negocios de Afundación, cunha sede na cidade de Ourense e que se distingue pola elevada calidade dos programas que imparte.

e ampla cobertura de servizos públicos

A provincia dispón dun sistema sanitario cun alto grao de cobertura, en canto a especialidades, e unha mesta rede de centros de saúde estendida por todo a provincia coa que se consegue ofrecer unha total cobertura do servizo. Esa oferta sanitaria complétase cunha serie de clínicas privadas que veñen a complementar a devandita cobertura sanitaria na provincia.

A cobertura no ámbito social complétase cunha extensa oferta de servizos sociais que permiten unhas mellores condicións e unha calidade de vida que fai da nosa provincia un sitio agradable no que poder realizar unha planeamento vital a longo prazo.