Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Onde perderse

2 Paradores (Parador de Verín y Parador de Santo Estevo), 2 Hoteis-Monumento (Monasterio de San Clodio y Castillo de Maceda), 4 Balnearios (Balneario de Arnoia,Balneario de Laias, Baño de Molgas y Balneario de Lobios), 3 Hoteles Spa (Villa Allariz, Pazo do Castro, Vila Vella) máis de 25 Hoteis (Hotel PrincessHotel Francisco II etc...) e máis de medio centenar de casas de turismo rural conforman a oferta de aloxamento nas preciosas paraxes naturais de interior que posúe a provincia. A enorme extensión de espazos verdes que rodean a estes ámbitos residenciais proporciónalles unhas enormes posibilidades en canto á realización de múltiples actividades ao aire libre.

Unha oferta que se pode estender ao longo e ancho da provincia que, grazas a unhas inmellorables comunicacións que se verán completadas coa chegada do tren de Alta Velocidade, permitirá un notable incremento da demanda e a necesidade de incrementar o número de aloxamentos turísticos sobre a base da inmensa riqueza natural e etnográfica que posúe a provincia. Ese mais que previsible desenvolvemento do turismo rural virá precedido por un aumento do interese pola natureza, como pola tradición e a cultura rural.

O posicionamento e a consolidación da provincia como destino termal encóntrase en pleno proceso de formalización tras o importante impulso que está a experimentar dende as diferentes administracións públicas. O considerable caudal de augas termais, só superado en Europa pola cidade de Budapest, outórgalle á cidade de Ourense e a provincia unha enorme potencialidade neste ámbito. Actualmente, a provincia conta con numerosas termas concentradas case todas na capital da provincia.

Ourense dispón de innumerables infraestruturas referidas a instalacións deportivas de todo tipo (tenis, golf, etc...) que, xunto á práctica de actividades acuáticas nas numerosas praias fluviais que se abeiran en torno aos nosos ríos, completan a oferta de ocio da nosa provincia. Entre as actividades que podemos desenvolver nos nosos marabillosos ríos, destaca o deporte da pesca pola actividade física que se exercita e o compañeirismo que se respira nos ríos que se practica, xunto ao feito de que se realiza no medio dun paraíso natural.

As actividades ao aire libre que se poden realizar nestes espazos naturais aínda realzan máis a valía do ámbito que conforma a orografía da provincia, achegando un maior valor engadido a este activo físico de cara a un posible investimento turístico.

Enlaces de interés