Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Enoloxía

No apartado correspondente á viticultura, parte extremadamente importante da cultura etnográfica no noso provincia, Ourense destaca por ter ata 4 Denominacións de Orixe, o que lle permite ofrecer unhas estupendas rutas enoturísticas consistentes na realización de visitas ás propias adegas e en gozar de aloxamentos vinculados estreitamente co mundo do viño. Recentemente púxose en marcha unha iniciativa turística consistente en visitar por tren las 4 zonas vitivinícolas máis relevantes da provincia:

C.R.D.O. Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra é unha Denominación de Orixe establecida no ano 1997 que se divide en 5 subzonas que lindan coa conca do río Sil. Unha Denominación á que están adscritas máis de 100 adegas que se localizan na provincia de Lugo e Ourense. A superficie cultivada dentro da Denominación suma máis de 1.000 Ha. das que se obteñen, na súa maior parte, viño tinto, representando o viño branco apenas un 10% da produción da zona.

Máis información

C.R.D.O. RIBEIRO

A Denominación de Orixe do Ribeiro data do ano 1932, sendo a máis antiga de Galicia. Non obstante, o Consello Regulador funciona como tal dende o ano 1956. A extensión que está adscrita á Denominación supera as 2.500 Ha. que se estenden ao longo do río Miño e afluentes. Os viños que se extraen das súas máis de 100 adegas son, na súa maioría, de uva branca, sendo de uva tinta pouco máis do 10% da produción.

Máis información

C.R.D.O. MONTERREI

A zona de produción da Denominación de Orixe de Monterrei esténdese ao longo do val do río Támega, cunha superficie cultivable de 700 Ha. Son 25 adegas as que concentran a produción correspondente a esta Denominación que se reparte entre uva branca (aprox. un 70%) e tinta (o 30% restante).

Máis información

C.R.D.O. VALDEORRAS

A Denominación de Orixe de Valdeorras ten situada a súa zona de produción na parte nororiental da provincia, nas concas dos ríos Sil, Xares e Bibei. Esta zona obtivo a condición de Denominación de Orixe no ano 1945 grazas á súa tradición na elaboración dos seus caldos. Un territorio vitivinícola que ten adscritas case medio centenar adegas á propia Denominación a través das cales se colleitan aproximadamente 1.300 Ha.

Máis información