Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Espazos naturais

En canto ao apartado referido ao ocio, a oferta gravita en torno aos tres parques naturales declarados que conforman unha parte moi importante da dispoñibilidade dese ocio ao aire libre na provincia (os Parques Naturales Serra de O Invernadoiro, da Baixa Limia-Serra do Xurés e Serra da Enciña da Lastra). Falamos de espazos naturais expostos aos cambios lentos da natureza e a tradición, e nos que existen preciosos exemplos de arquitectura tradicional inmersos nun inimaxinable entorno paisaxístico que se enriquece de múltiples restos arqueolóxicas de incalculable valor. Outro espazo de enorme interese na provincia para o desfrute dos sentidos é o que se refire á Ribeira Sacra pola súa riqueza monumental e o seu patrimonio natural e paisaxístico. 

A riqueza natural e a tranquilidade que brindan as marabillosas paraxes da nosa provincia representan toda unha vantaxe comparativa para esa demanda potencial que procede das grandes urbes nas que o ruído, a polución e o bulicio son as verdadeiras protagonistas na súa vida cotiá. A nosa oferta de ocupación nestes espazos naturais estimamos que é insuficiente para a demanda que se prevé que se produza nos próximos anos vindeiros.

Dende o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo tamén consideran moi estratéxico poñer en valor o turismo de natureza. Para iso, puxeron en marcha unha páxina web -http://www.spain.info/- orientada á venda de produtos turísticos relacionados con experiencias en ámbitos naturais, a través da Sociedade estatal Segittur, coa intención de facer máis atractiva a visita a estas paraxes.

Paga a pena destacar o Camiño de Inverno e a Vía da Prata que transitan a través destes espazos naturais ata chegar ao seu anhelado destino, o que lle permite ao viaxeiro internarse na profundidade e beleza que conforma o patrimonio artístico-cultural e natural da provincia. Camiños nos que podemos gozar dunha marabillosa flora e fauna que nos pon en contacto directo coa natureza e nos permiten desconectar do mundanal ruído.

O ámbito natural que representa en sí a provincia, que unido á tradición do camiño de Santiago, lle confire unha enorme potencialidade en torno á actividade turística pola importancia crecente que adquiriu o turismo de interior nos últimos anos. A falta dunha oferta consistente e as expectativas dunha maior demanda nun futuro próximo ábrennos a un mundo de posibilidades aínda por descubrir.

Por iso, existe unha excelente oportunidade para os posibles promotores de iniciativas de turismo interior debido ao importante fluxo turístico que se prevé prodúzase en torno ao desenvolvemento da infraestrutura ferroviaria AVE. Sobre a base do atractivo natural, as boas infraestruturas, o apoio da propias administracións e unha axeitada localización xeográfica podemos afirmar que se dan as circunstancias óptimas para que o interior da provincia de Ourense se converta nun destino turístico de éxito nos próximos anos.

Serra de O Invernadoiro

O parque natural O Invernadoiro foi declarado espazo natural no ano 1997 polo seu marcado carácter montañoso e por presentar unha altitude que oscila entre os 1.000 e os 1.600 metros. Na súa extensión pódense observar importantes ecosistemas que van dende os bosques de acivros ou de bidueiros ata os depredadores máis emblemáticos das nosas montañas como son os lobos, xunto ás grandes presas como poden ser o cervo ou o propio xabaril.

A nivel turístico, o parque ofrece ata cinco rutas guiadas con excelentes posibilidades didácticas nas que se pode observar a verdadeira vitalidade do bosque. As paraxes naturais e as excelentes vistas que ten o parque son todo un reclamo para esas persoas que pretenden esquecerse, polo menos momentaneamente, da trasfega coa que conviven diariamente.

Serra da Enciña da Lastra

Parque natural declarado a comezos do ano 2002 pero cunha grande influencia, ao longo da histora, entre os poboadores da zona. A menor dureza do terreo permitiu a formación de grutas naturais e covas que son obxecto de interese para os moitos espeleólogos que as visitan. Tamén son famosas as explotacións auríferas que teñen explotando ata hai pouco tempo dende a época dos romanos.

En canto á vexetación, destacan os seus bosques de aciñeiras (curiosamente o nome do parque deriva dunha antiga aciñeira que servía de guía aos moitos viaxeiros que atravesaban estes bosques), sobreiras, amendoeiras e oliveiras.

Baixa Limia-Serra do Xurés

O parque natural caracterízase pola variedade climática ao estar situado nunha zona fronteiriza na que se xuntan dous climas. É un de dos espazos protexidos con maior personalidade histórica da nosa comunidade Autónoma ao ter sido lugar de paso as principais vías romanas que comunicaban a Gallaecia con Bracara Augusta.

A flora do parque caracterízase por amplas matogueiras, aparecendo nas partes máis altas o piñeiro silvestre e o teixo. En canto á fauna, destacan as mandas de lobos, corzos, cabalos, cabras montesas e máis animais que proporcionan unha enorme riqueza en termos de biodiversidade á zona.