Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Etnografía e gastronomía

A provincia de Ourense presenta un interesante patrimonio etnográfico en relación ás múltiples tradicións que a caracterizan. Dende os oficios máis emblemáticos do territorio (afiadores, fiadeiros, etc...) ata as celebracións máis arraigadas na tradición secular da provincia (magostos, entroidos, etc..) fan de Ourense unha provincia con profundas raíces etnográficas. Dende os romanos ata os suevos, todos deixaron pegada da súa influencia na configuración dos costumes na zona.

Outro elemento que ten que ver cos costumes é a gastronomía que, na nosa provincia, se caracteriza por ser máis labrega que mariñeira pola súa condición de interior. O aproveitamento de multitude de produtos agrícolas e froiteiros que se cultivan e recollen da terra, como a castaña, nos permite elaborar o coñecido marrón glacé a base de castaña confeitada e no que participan coñecidas empresas ourensanas. A caza menor tamén proporciona unha materia prima encomiable para a elaboración de pratos autóctonos, así como o coñecido "polbo á feira", procedente dunha tradición secular de tempos da orde do cister.

Sobre a base dos métodos tradicionais cos que se elaboran os produtos máis representativos da provincia e á calidade da materia prima coa que se producen, hai rexistradas numerosas Indicacións Xeográficas Protexidas que avalan o bo facer gastronómico da provincia.