Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Patrimonio histórico

O atractivo patrimonial que presenta a nosa provincia concéntrase na multitude de Bens de Interese Cultural xunto a un marabilloso centro histórico da cidade que non fai máis que complementar a oferta turística que presenta a provincia de Ourense. Destacan os varios Mosteiros esparexidos pola provincia tales como o Mosteiro de Oseira, o de San Clodio, o de San Pedro de Rocas e o de Santo Estevo, estes últimos encadrados na emblemática zona da Ribeira Sacra.

Tamén poderemos encontrar multitude de igrexas, na súa maioría románicas, e preciosos santuarios, entre os que destacariamos o das Ermidas, na parte oriental da provincia e o de Ntra. Sra. dos Milagres, máis próximo á cidade de Ourense. Xa na capital da provincia, encontrámonos coa Ponte Romana, a Catedral de Ourense e as Burgas, ademais dos moitos edificios históricos que atopamos, principalmente, na parte vella da cidade.

Entre a arquitectura popular destacan os numerosos pazos (casa nativa tradicional galega) que se estenden ao longo e ancho da provincia, representando o carácter señorial de antano vinculado a esa rede social máis ligada ao estamento dos fidalgos que soportaban a xestión local da vida dos aldeáns.