Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Comarca de Allariz-Maceda

Un gran parque etnográfico

O seu espazo natural caracterízase pola súa abundante vexetación e os montes polos que discorren múltiples regueiros que regan os campos da zona. Dentro do seu amplo patrimonio artístico destacan os templos de época románica, santuarios barroco-neoclásicos e multitude de cruceiros góticos que poboan a extensión da bisbarra. A beleza que presenta a paisaxe, xunto á rehabilitación e conservación de núcleos urbanos como o de Allariz, completan un dos mellores escenarios da provincia. En canto a gastronomía local poderiamos destacar o caldo galego, a carne ou caldeiro, etc...

Actividades industriais 

Alimentación, bebidas e tabaco, fabricación de Caucho e materias plásticas, e as vinculadas a Industrias extractivas enerxía, auga e residuos. Entre os tres sectores suman máis da metade dos afiliados da industria, observándose certa especialización no sector de Caucho e materias plásticas.

Concellos

Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo

Potencialidades

  • Importante cabana gandeira na zona
  • Posibilidade de implantar unha segunda transformación no ámbito agroindustrial
  • Posición estratéxica polo paso da autovía e a súa maior proximidade aos principais polos industriais da provincia