Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Comarca de o Carballiño

Comerciantes de onte e de hoxe

A orografía da bisbarra caracterízase por ser un espazo un tanto abrupto e con bastante frondosidade sendo unha das moitas zonas verdes que rodean á bisbarra da capital de provincia. Polas súas características, é un espazo que se presta á práctica de actividades relacionadas turismo cultural, gastronómico e deportivo. En canto a patrimonio arqueolóxico, destacar a existencia de restos da época neolítica, fortificacións castrexas, e arquitectura eclesiástica, fundamentalmente, da época románica e barroca na que resalta o Mosteiro de Oseira da época cisterciense. Outro atractivo desta bisbarra son as citas gastronómicas, na que destacamos a "Festa do Polbo", declarada de interese turístico.

Actividades industriais

Nesta bisbarra, destacan as actividades industriais relacionadas coa fabricación de Maquinaria e equipo mecánico, Alimentación, bebidas e tabaco, e as vinculadas á Madeira e cortiza, papel e artes gráficas. Entre os tres sectores suman case ¾ partes do total dos afiliados da industria, observándose unha clara especialización no sector de fabricación de maquinaria e equipo mecánico.

Concellos

BearizBoborásMasideO Carballiño,O IrixoPiñorPunxínSan Amaro y San Cristovo de Cea.

Potencialidades

  • Importante patrimonio cultural e arquitectónico
  • Importante capacidade de explotación forestal
  • Oferta potencial de chan industrial
  • Desenvolvemento do turismo termal de amplia tradición na bisbarra