Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Comarca da Limia

O expoñente da tradición

Territorio no que predomina a planicie aínda que se ve cercada pola presenza de espazos que alcanzan certa altitude. Presenta restos arquitectónicos da época medieval, especialmente fortificacións defensivas, así como arquitectura popular entre os que abundan cruceiros, cabaceiros, muíños, etc... No ámbito etnográfico e cultural destaca a celebración máis coñecida como é O Entroido, festa declarada de interese turístico nacional, presentando un marcado carácter popular e que ten no seu traxe máis característico, "A Pantalla" un claro símbolo ritual e tradicional que recolle elementos propiamente pagáns e representa ese aspecto máis primitivo do home non cristianizado.

Actividades industriais 

Alimentación, bebidas e tabaco, Metalurxia e fabricación de produtos metálicos, e Industrias manufactureiras, reparación e instalación de maquinaria. Entre os tres sectores representan do total dos afiliados da industria, observándose certa especialización no sector de Alimentación, bebidas e tabaco.

Concellos

Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos y Xinzo de Limia

Potencialidades

  • Relevante riqueza etnográfica, cunha cultura autóctona moi singular
  • Elevada mecanización da agricultura
  • Boas condicións climatolóxicas e edafolóxicas para un bo aproveitamento hortícola
  • Oferta potencial de chan industrial