Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Comarca do Ribeiro

Enoloxía: tradición secular

A zona presenta amplas extensións de viñedos que poboan o val do Ribeiro, plantacións que caracterizaron á bisbarra dende sempre. Á súa vez, o val encóntrase rodeado por un macizo granítico, Pena Corneira, dende onde se divisa unha gran panorámica da planicie. Na bisbarra hai numerosos monumentos históricos na zona entre os que destaca o Mosteiro de San Clodio de finais do século X, principal responsable de introducir a vide e impulsar o seu desenvolvemento ao longo dos séculos. Outro dos recursos turísticos máis destacados da bisbarra é a súa Xudaría na localidade de Ribadavia, de enorme importancia na Idade Media ata que se produce a expulsión decretada polos Reis Católicos no século XV. En canto ao produto estrela da bisbarra teriamos que mencionar o viño do Ribeiro, cunha extensa tradición secular e coa súa propia Denominación de Orixe.

Actividades industriais 

Alimentación, bebidas e tabaco, Industrias manufactureiras, reparación e instalación de maquinaria, e Metalurxia e fabricación de produtos metálicos. Entre os tres sectores representan máis de ¾ partes do total dos afiliados da industria, observándose unha clara especialización no sector de Alimentación, bebidas e tabaco.

Concellos

ArnoiaAviónBeadeCarballeda de AviaCastrelo de MiñoCenlleCortegadaLeiroMelónRibadavia

Potencialidades

  • Elevada potencialidade do sector primario de transformación (sector vitivinícola, cárnico, etc...)
  • Destaca a presenza de industrias de extracción de pedra 
  • Posición estratéxica polo paso da autovía e a súa maior proximidade co litoral sur de Galicia