Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Comarca de Ourense

Patrimonio histórico, cultura herdada

O territorio caracterízase tanto pola existencia de chairas como espazos con certa altitude dende os que gozan de numerosas vistas a través das cales se visualizan estupendas panorámicas dos canóns do Sil. Un dos principais atractivos da bisbarra son os seus moitos edificios románicos do século XII, facendo especial mención á Catedral de Ourense, románico-gótica, e ao Mosteiro de San Estaban de Ribas de Sil, mentres que en arquitectura civil posúe numerosas casas ilustres entre as que destacan os Pazos das localidades de Bentraces e Coles, o Liceo, de estilo renacentista, e o museo arqueolóxico, con partes romanas e barrocas.

Actividades industriais 

Téxtil, confección, coiro e calzado, Alimentación, bebidas e tabaco, e Material de transporte. Entre os tres sectores suman máis da metade do total dos afiliados da industria, observándose certa especialización nos sectores do Téxtil e Material de transporte.

Concellos

Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense,  O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén y Vilamarín

Potencialidades

  • Boa base industrial e de infraestructuras empresariais
  • Sector terciario moi desenvolvido, nas ramas do comercio, hostalería e transporte
  • Importante patrimonio cultural e arquitectónico
  • Demanda crecente de termalismo como nova modalidade turística