Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Comarca de Terra de Caldelas

Un gran miradoiro

A zona caracterízase pola súa agreste paisaxe na que predomina o encañonamiento do río Sil entre as abas das montañas conformando unhas vistas de especial beleza. Na arquitectura da zona predominan monumentos relixiosos da época do medievo grazas á intensa actividade monástica desenvolvida na zona, por iso o nome de Ribeira Sacra co que se coñece esta terra. Na zona antiga de Castro Caldelas encóntrase o Castelo, fortaleza medieval que tivo un papel moi relevante en importantes episodios históricos como as revoltas irmandiñas. Nesta bisbarra, polas súas características, realízanse deportes asociados á natureza como o sendeirismo, práctica moi estendida na zona.

Actividades industriais 

Alimentación, bebidas e tabaco, e as vinculadas á Industrias manufactureiras, reparación e instalación de maquinaria. Entre os tres sectores representan case 90% do total dos afiliados da industria, observándose unha clara especialización nos sectores Maquinaria e equipo mecánico e Alimentación, bebidas e tabaco.

Concellos

Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira

Potencialidades

  • Boas condicións climatolóxicas e edafolóxicas para un bo aproveitamento de esplotacións froiteiras e do sector vitivinícola.
  • Importante patrimonio cultural e arquitectónico
  • Recursos naturais como factor endóxeno de desenvolvemento
  • Demanda crecente de ecoturismo como nova modalidade turística