Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Comarca de Terra de Celanova

Abundante Legado Cultural

A bisbarra presenta unha paisaxe silvestre e frondosa que ofrece a posibilidade de practicar o deporte da pesca. Entre os vestixios arqueolóxicos que poboan este territorio destacan a vía romana que unía Braga con Lugo, así como os moitos asentamentos castrexos que non fan máis que reflectir a riqueza agrícola que tivo esta bisbarra dende sempre. No campo da arquitectura destacamos o Mosteiro beneditino de San Salvador en Celanova, un dos mellores exemplos do barroco galego, mentres que na arquitectura civil debemos mencionar as pontes romanos aínda en pé que formaban parte da vía romana que atravesaba a bisbarra. Destacar o núcleo medieval de Vilanova dous Infantes, cuxa zona antiga conserva a súa estrutura medieval e está presidida pola flamante Torre da Homenaxe, testemuña de excepción da historia de Galicia dende o século XII.

Actividades industriais 

Alimentación, bebidas e tabaco, Madeira e cortiza, papel e artes gráficas, e as vinculadas á Metalurxia e fabricación de produtos metálicos. Entre os tres sectores representan case ¾ partes do total dos afiliados da industria, observándose certa especialización no sector de Alimentación, bebidas e tabaco.

Concellos

A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás y Verea

Potencialidades

  • Elevada potencialidade do sector primario de transformación (froiteiros, etc…)
  • Importante capacidade de explotación forestal
  • Posibilidade de segunda transformación no ámbito agroindustrial