Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Comarca de Verín

Tradición e iniciativa: o fertil val do Támega

A bisbarra presenta unha beleza agreste grazas ás súas escarpadas pendentes, por limitar co Parque Natural do Invernadoiro, e os seus frondosos bosques. A afluencia de visitantes é notoria na época dos carnavais nos que reaparecen os famosos "cigarróns" ou "peliqueiros", pintorescos personaxes que saltan, corren e bailan facendo soar enormes chocallos. Entre os restos arqueolóxicos destacan os monumentos megalíticos e os vestixios relacionados coa cultura castrexa. No ámbito da arquitectura destacan as moitas construcións pertencentes ao románico aínda que o mellor expoñente da arquitectura da zona é o Pazo dos Condes de Monterrei. O val de Monterrei, zona produtora de viños na que os seus viñedos se estenden polas abas e vales regados polo Támega, alberga unha Denominación de Orixe para os diferentes tipos de viño que se dan no territorio.

Actividades industriais 

Alimentación, bebidas e tabaco, Téxtil, confección, coiro e calzado, e Madeira e cortiza, papel e artes gráficas. Entre os tres sectores representan máis dos do total dos afiliados da industria, observándose certa especialización no sector de Alimentación, bebidas e tabaco.

Concellos

Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós,  Verín y Vilardevós

 

 

Potencialidades

  • Elevada potencialidade en relación ao sector terciario na súa área de influencia
  • Apoio institucional a favor da cooperación entre as rexións fronteirizas co Norte de Portugal
  • O sector das auguas minero-medicinais en plena expansión.
  • Oferta potencial de chan industrial