Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Comarca de Viana

Beleza agreste

A bisbarra ostenta unha riqueza paisaxística que se fundamenta no bo estado de conservación tanto da súa flora coma da súa fauna. O espazo natural por excelencia da bisbarra témolo nos Montes do Invernadeiro, unha paraxe dunha inmensa beleza. Entre os vestixios máis importantes da zona encontramos varios castros celtas e un asentamento militar romano. A arquitectura relixiosa conta con varias igrexas do século XVII mentres que a civil está representada polos diferentes pazos que encontramos nos diferentes municipios.  En canto á gastronomía da bisbarra destacan as troitas e anguías, procedentes dos numerosos cursos fluviais, e as famosas androllas,embutido cárnico derivado delcerdo. Unha das prácticas de ocio máis realizadas na zona é a pesca, que encontra o ámbito ideal nos numerosos "regatos" que regan a bisbarra.  

Actividades industriais 

Alimentación, bebidas e tabaco, Metalurxia e fabricación de produtos metálicos, e as vinculadas coa obtención de produtos minerais non metálicos diversos. Entre os tres sectores representan ¾ partes do total dos afiliados da industria, observándose certa especialización no sector de Alimentación, bebidas e tabaco.

Concellos

A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo y Vilariño de Conso

Potencialidades

  • Recursos naturais como factor endóxeno de desenvolvemento
  • Demanda crecente de ecoturismo como nova modalidade turística
  • Aproveitamento dos recursos enerxéticos existentes
  • Relevante riqueza etnográfica